jueves, 17 de junio de 2010

martes, 15 de junio de 2010

LEO E ARREMECAGHONA


Leo ten un libro de Haikus, polo cal, no instituto, participamos nun concurso no que os alumnos tiñamos que crear os nosos propios Haikus.

O día 25 de maio, os alumnos do instituto Terra de Turonio, Agua Dalaxe, Val Miñor e Escolas Probal, asistimos a actuación de Leo.

Unha vez no auditorio, un home falounos da actuación que nos ía presentar Leo.

A primeira actuación era el vestido como se fose a nai e cantou unha canción de doraemon.
Logo saíu el vestido de seu irma pequeno o lambido, e estibo cantando algunhas cancións.

Deron os premios polo concurso dos Haikus. Había o principal, Premio o mellor Haiku.

Logo el saíu e seguiu coa súa actuación ata que se lle estropeou a guitarra e xa non puido seguir tocando. Finalmente voltamos para o instituto.

BICOS CON LINGUA



1ª Na parada do bus.
2ª Nome.
3ª Lingua morta
4ª dous galegos que están mortos


No mes de maio asistimos a unha obra de teatro ofrecida por Talía Teatro. Acudimos todo o instituto á actuación na que interviñan como actores Artur Trillo e Toño Casais.
A obra comezou cos dous actores en escena falando sobre a lingua e os seus usos. A obra trataba das consecuencias da perda da lingua galega devido a que hai menos falantes. Fiserón catro sket:



1ª Parada bus
Dúas nais, esperando o autobús póñense a falar, entre elas falan en galego e cos seus fillos falan en castelá.

2ª Nome.
Jose, un home que quería cambiar seu nome ao galego vai o alluntamiento, e alí dinlle que ten que ir o xulgado nª 1, el vai e dille o home que alí estaba que lle dese un papel para cubrir e por seu nome en galego, o home dille que como quere facer iso, que pense no que dirán seus pais o enterarse. Entón Jose ponse a pensar no que aquel home lle dixera, pero el seguía insistindo en que o quería cambiar entón o home díxolle que foxe o xulgado nª 2 que era donde facían o cambio de nome.

3ª Unha lingua chega o hospital, devido a que esta morrendo. Teñen que porlle adxectivos, verbos, e demais palabras para poder recuperala. O final non puideron facer nada.

4ª dous galegos que están mortos
Encóntranse dous homes galegos que un había morto facía pouco tempo e o outro xa facía moito, entón o que mallor preguntoulle o novo se aínda se falaba en galego el el díxolle que a ultima persoa que o falara era a súa bisavoa. E o que lles parecía raro e que eles estaban falando en galego despois de moito tempo.

Valoración persoal:pareceume unha obra interesante, devido a que nos da a coñecer o que esta sucedendo co galego, a que mais me gustou foi a do nome, porque eu penso que cada persoa co seu nome debe facer o que queira e ninguén debe dicir o contrario.

miércoles, 9 de junio de 2010

miércoles, 19 de mayo de 2010

Libros de Uxío Novoneira


Os eidos no ano 1955, poemario con que comeza un ciclo poético que retomará con Os eidos 2.

· Libro do Courel (1981).

· Muller pra lonxe en (1987), reuniu os poemas paixonais e amorosos, e dous anos máis tarde, en Do Courel a Compostela 1956-1986, os de temática política.

Poemas de doada certeza e Este brillo premido entre as pálpebras, en 1994 .
Poema dos Caneiros e Estampas, publicado en 1998 Betanzos

·

jueves, 13 de mayo de 2010

Uxío Novoneyra


Uxío Novoneyra naceu en Parada de Moreda, Courel, en 1930, fillo dunha familia de labregos. Esta terra será a principal referente físico para os seus versos.

Nos seus textos, Novoneyra explicita o seu compromiso nacionalista e marxista (especialmente na época en que estes temas son protagónicos na literatura galega)

Aos 19 anos trasladase a Madrid e matrículase na facultade de Filosofía e Letras.
En 1951 regresa a Galicia para facer o servicio militar. En 1973 casou con Alba Rei e tiveron tres fillos. En 1983 instálanse en Santiago de Compostela, onde foi elixido presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega ata 1999.

martes, 11 de mayo de 2010

As letras Galegas


O Día das Letras Galegas é, dende 1963, data en que se comezou a celebrar, unha homenaxe os escritores máis importantes de Galicia, celébrase cada 17 de maio debido a que ese mesmo día no ano 1863 foi publicado na Habana o primeiro exemplar da obra Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

Este ano dedícaselle a Uxío Novoneyra, poeta de O Courel.