miércoles, 19 de mayo de 2010

Libros de Uxío Novoneira


Os eidos no ano 1955, poemario con que comeza un ciclo poético que retomará con Os eidos 2.

· Libro do Courel (1981).

· Muller pra lonxe en (1987), reuniu os poemas paixonais e amorosos, e dous anos máis tarde, en Do Courel a Compostela 1956-1986, os de temática política.

Poemas de doada certeza e Este brillo premido entre as pálpebras, en 1994 .
Poema dos Caneiros e Estampas, publicado en 1998 Betanzos

·

jueves, 13 de mayo de 2010

Uxío Novoneyra


Uxío Novoneyra naceu en Parada de Moreda, Courel, en 1930, fillo dunha familia de labregos. Esta terra será a principal referente físico para os seus versos.

Nos seus textos, Novoneyra explicita o seu compromiso nacionalista e marxista (especialmente na época en que estes temas son protagónicos na literatura galega)

Aos 19 anos trasladase a Madrid e matrículase na facultade de Filosofía e Letras.
En 1951 regresa a Galicia para facer o servicio militar. En 1973 casou con Alba Rei e tiveron tres fillos. En 1983 instálanse en Santiago de Compostela, onde foi elixido presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega ata 1999.

martes, 11 de mayo de 2010

As letras Galegas


O Día das Letras Galegas é, dende 1963, data en que se comezou a celebrar, unha homenaxe os escritores máis importantes de Galicia, celébrase cada 17 de maio debido a que ese mesmo día no ano 1863 foi publicado na Habana o primeiro exemplar da obra Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

Este ano dedícaselle a Uxío Novoneyra, poeta de O Courel.